logo

Escudería Lalín Deza decide aplazar o 25 Rali do Cocido

Debido a expansión do COVID-19 e seguindo as recomendacións do estado español e para evitar no posible o aumento de contaxios desta enfermidade a Escudería Lalín Deza decide aplazar o 25 Rali do Cocido.

Dende a Escudería Lalín Deza queremos pedir disculpas aos patrocinadores, equipos inscritos e a todo o personal colaborador nesta 25 edición, pero ante esta situación pedimos comprensión.

Trataremos de buscar una nova data para a celebración desta edición tan especial para nos.

Debido a anulación do 25 Rali do Cocido polo COVID-19 a Escudería Lalín Deza comunica:

Posto que ainda non temos fecha para a celebración do rali os equipos participantes que o desexen poderán solicitar a devolución dos dereitos de inscripción enviando un mail a escuderia@ralidococido.com no que debrerán indicar:

- Nome do piloto participante

- Nº de conta para a devolución

- Nome do titular da conta na que se solicita a devolución

Lalín, 12 de marzo de 2020

O presidente do Comité Organizador

Antonio Rodríguez Troitiño

Contraseña perdida