Lalín prepárase para o inicio do Campionato de España de Rallys de asfalto

Hoxe presentouse o Rally do Cocido, que este ano dá un salto cualitativo. Por primeira vez, o rally que se celebra pola comarca do Deza será unha proba do Nacional de asfalto.

Celébrase a mediados de marzo. Por historia é o evento en Galicia con máis público. E será onde o cambrés Iván Ares comece a defender a coroa de campion de España. Nun escenario que coñece á perfección.

Fuente: Televisión de Galicia