Comeza o Rally do Cocido máis espectacular

E hoxe rematamos cun dos eventos deportivos que máis xente reúne en Galicia. Falamos do Rally do Cocido. Segunda cita do calendario autonómico que nesta ocasión conta con 82 inscritos na liña de saída. O rally comeza esta tarde na zona urbana de Lalín cun treito espectacular.

Coa chuvia como principal convidado, o Rally do Cocido podería formar parte do Campionato de España a partir do próximo ano.

Ver video: CRTVG